Plano orbital

Dos elementos orbitais, o plano orbital represéntase como P1.
Tamén se pode ver un plano orbital en relación con seccións cónicas, definíndose a traxectoria orbital como a intersección entre un plano en un cono. As órbitas parabólica (1) e hiperbóica (3) son órbitas de escape, mentres que as elíptica e circular (2) son cativas.

O plano orbital dun obxecto orbitando ao redor doutro é o plano xeométrico no cal está contida a órbita. Bastan tres puntos no espazo para definir o plano orbital: o centro do obxecto máis pesado, o centro do segundo obxecto (obxecto que orbita) e o centro deste último obxecto transcorrido un tempo.

Por definición, a inclinación dun planeta no sistema solar é o ángulo entre o seu plano orbital e o plano orbital da Terra, que define a eclíptica. Noutros casos, por exemplo unha lúa ou un satélite en órbita ao redor doutro planeta, é conveniente definir a inclinación da órbita do satélite como o ángulo entre o seu plano orbital e o ecuador do planeta.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne